Wisconsin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWisconsin
State of Wisconsin (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoOn, Wisconsin! (en) Traducir (1959) Editar o valor em Wikidata

Lema«Forward» (1851–) Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialTordo-americano (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Badger State e America's Dairyland Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aWisconsin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°30′N 89°30′O / 44.5, -89.5Coordenadas: 44°30′N 89°30′O / 44.5, -89.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalMadison Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.893.718 (2020) Editar o valor em Wikidata (34,74 hab./km²)
Número de fogares2.377.935 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie169.640 km² Editar o valor em Wikidata
Auga17,31 % Editar o valor em Wikidata
Lonxitude da costasen valor Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Michigan, Lago Superior e Río Mississippi Editar o valor em Wikidata
Altitude320 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTimms Hill (en) Traducir (594,8 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLago Michigan (176 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación29 de maio de 1848 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivogovernment of Wisconsin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governor of Wisconsin (en) Traducir Editar o valor em WikidataTony Evers (pt) Traducir (2019–sen valor) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoWisconsin Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de Wisconsin Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-WI Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1779806 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webwisconsin.gov Editar o valor em Wikidata

Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI)En-us-Wisconsin.ogg escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Míchigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado. A capital do estado é Madison, e a cidade máis poboada é Milwaukee, sita na costa do Lago Michigan. O estado de Wisconsin está composto por 72 condados.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do estado provén do río Wisconsin, chamado así polos nativos americanos que vivían na zona á chegada dos europeos. O explorador francés Jacques Marquette foi o primeiro europeo en chegar ao río, no 1673 e no seu diario rexistra o nome de Meskousing. O termo foi corrompido por Ouisconsin por outros exploradores franceses, converténdose co tempo no nome francés para o río e para a rexión. A principios do século XIX, coa chegada dun gran número de anglofalantes á zona, o termo foi adaptado para Wisconsin, converténdose este en oficial pola asemblea do Territorio de Wisconsin no 1845.

A palabra algonquiá para Wisconsin e o seu significado orixinal ten moita controversia. As interpretacións son variadas, aínda que a meirande parte delas están relacionadas co río e o arenito vermello da súa beira. Unha das teorías máis fortes sostén que o nome provén da palabra do idioma miami Meskonsing (en galego, "descorre vermello"), referíndose á zona do río Wisconsin á altura das chamadas Wisconsin Dells. Outras teorías suxiren que o nome vén de distintas palabras ojibwa que significan "área de rocha vermella", "onde as augan se xuntan" ou "rocha grande".

Historia[editar | editar a fonte]

A zona está habitada dende hai uns 12 000 anos, chegando os primeiros habitantes arredor do 10 000 a.C., durante a denominada como "Glaciación de Wisconsin". Estes, denominados paleo-indios, adicábanse á caza de animais hoxe desaparecidos (ex. Mastodonte). Coa fin da era glacial, no 8 000 a.C., engadíronse outras actividades, tales como a pesca e a recolección. As sociedades agrícolas apareceron entre o 1 000 a.C. e o 1 000 da nosa era. Arredor desta última data, en Wisconsin florecía a cultura denominada Effigy Mound (cuxa principal obra son os montículos coa forma de serpe e outros animais ergueitos en moitos lugares dos Estados Unidos). Entre o 1000 e o 1500, os indios das culturas Mississippi e Oneota asentáronse na zona, podendo ser estes os antecesores dos Ioway e os Ho-Chunk, as tribos que vivían en Wisconsin á chegada dos europeos. Outros grupos de nativos son os ojibwa, sauk, fox, kickapoo e pottawatomie, que migraron para esa zona dende o leste entre 1500 e 1700.

O primeiro europeo en chegar foi, probablemente, o explorador francés Jean Nicolet, quen no 1634 chegou en canoa dende os Grandes Lagos, desembarcando preto da actual Green Bay. Os europeos regresaron alí no 1654-1666 e tamén á costa do Lago Superior no 1659-1660, para o comercio de peles cos nativos. Foron Jacques Marquette e Louis Jolliet os primeiros en atravesar o actual estado, usando a vía fluvial dos ríos Fox e Wisconsin, chegando ata o Mississippi no 1673. Outros franceses continuaron o comercio de peles na zona nos séculos XVII e XVIII, pero nunca levantaron asentamentos. No 1763, o Reino Unido obtén o control da zona tras a guerra Indio-Francesa. Con todo, os comerciantes de peles franceses continuaron a súa actividade.

Os británicos conquistaron a zona durante este conflito, gañando Green Bay en 1761 e logo toda a rexión no 1763. Os británicos estaban tamén interesados no comercio de peles. Deste xeito, franco-canadinos, ingleses e algúns afroamericanos libres chegaron a Wisconsin durante o control británico. O primeiro asentamento atribúese a Charles Miguel de Langlade, cun posto de comercio en Green Bay en 1745, ao cal se mudou definitivamente no 1764. No oeste, en Prairie du Chien, estableceuse un asentamento no 1781. Os franceses de Green Bay referíanse a ela como Le Bey (A Baía), mentres que os comerciantes británicos lle daban o nome de Green Bay (Baía Verde), pola cor verdosa das augas na primavera. A dominación británica da zona non prexudicou os residentes franceses, dándose un clima de expansión económica en torno ao comercio de peles, establecéndose granxas na rexión, e sendo Green Bay unha próspera vila a finais do século XVIII.

Tras a Revolución Americana, a rexión converteuse en posesión dos Estados Unidos, aínda que os británicos mantiveron o seu poder ata a guerra de 1812. Neste tempo, a economía pasou de centrarse nas peles a xirar arredor do chumbo. A prosperidade deste novo negocio trouxo á zona inmigrantes de Europa e doutras zonas dos Estados Unidos. A chegada repentina dun grande grupo de brancos provocou conflitos coas comunidades nativas. Diversas guerras, como a de Winnebago (1827) ou a dos Black Hawk (1832) derivou na expulsión dos indios americanos da meirande parte de Wisconsin. O Territorio de Wisconsin créase o 20 de abril de 1836. Por este ano, as pradarías do SE están xa ocupadas por inmigrantes de Nova Inglaterra.

Estes, descendentes dos puritanos que chegaron a Nova Inglaterra no século XVII, expándese por todo o sur do que hoxe é o estado. Daquela, Wisconsin era basicamente bosques e pradarías salvaxes. Os novos habitantes erguen granxas, estradas, edificios, traendo tamén os seus ideais políticos (defensa do abolicionismo e da educación) e a relixión protestante. Vilas como Racine, Beloit, Janesville etc. foron fundadas neste tempo. Wisconsin converteuse en estado en 1848.

En 1850, a poboación era de 350.000 habitantes, dos cales case 1/3 (103.000) eran do NE dos Estados Unidos. O segundo grupo máis numeroso era o alemán (38.000), seguidos dos británicos (28.000). Só o 18% (63.000) dos residentes de Wisconsin nacera no estado.

Nelson Dewey, demócrata, foi o primeiro gobernador do Estado. Nado en Connecticut, a súa familia levaba en América dende 1633. Dewey impulsou o desenvolvemento de infraestruturas: estradas, ferrocarrís, canles e portos, así como a mellora dos ríos Fox e Wisconsin. A política de Wisconsin estivo dominada polo tema da escravitude, o Estado converteuse no centro antiabolicionista do norte. A situación complicouse en 1854, cando un escravo escapado de Missouri foi capturado en Racine e, segundo o Fugitive Slave Act of 1850, debía ser detido e condenado, pero un grupo de abolicionistas parou o proceso e axudou ao escravo a fuxir para o Canadá. O Partido Republicano, fundado o 20 de marzo de 1854 por abolicionistas na vila de Ripon, Wisconsin, converteuse no partido dominador do estado. Na Guerra Civil Estadounidense, uns 91.000 soldados loitaron do bando da Unión.

Neste tempo a economía diversificouse. Coa caída da minería de chumbo, a agricultura converteuse na principal actividade na metade sur do estado. Unha rede ferroviaria foi levantada para axudar co transporte de gran. Wisconsin converteuse en pouco tempo nun dos maiores produtores de trigo dos Estados Unidos. Paralelamente, a industria madeireira dominaba a metade norte de Wisconsin, aparecendo serradoiros en vilas como La Crosse, Eau Claire, ou Wausau. Estas actividades tiveron consecuencias ambientais importantes. No final do s. XIX, a agricultura intensiva destruíra a capa fértil do solo, e a industria da madeira deforestara unha parte importante da rexión. Isto levou a un declive de ambas actividades.

No inicio da década de 1890, as granxas de Wisconsin mudaron do trigo á produción láctea para así obter mellor rendemento das terras. Moitos inmigrantes traían as súas tradicións queixeiras que, xunto coa adecuada xeografía do estado e a investigación na materia por parte da Universidade de Wisconsin, axudaron a crear o alcume de America's Dairyland (A Leitería de América). Ao mesmo tempo, ecoloxistas como Aldo Leopold axudaron á reforestación de comezos do século XX, dando pé a unha máis renovable industria madeireira e papeleira, e potenciando o turismo nos bosques do norte. Houbo un boom na manufactura neste tempo, axudado pola masiva inmigración proveniente de Europa. En cidades como Milwaukee, a industria abarcaba desde a fabricación de cervexa e o procesamento de comida ata a produción de maquinaria pesada e ferramentas. En 1910, Wisconsin era o oitavo estado dos Estados Unidos en PIB.

O inicio do século XX foi tamén importante polo auxe do progresismo liderado por Robert M. La Follete. Entre 1901 e 1914, os republicanos progresistas crearon en Wisconsin o primeiro sistema cabal de eleccións primarias dos Estados Unidos, así como a primeira lei de compensación por accidente laboral, e o primeiro imposto estatal sobre a renda, facendo este último proporcional aos ingresos. Esa "idea de Wisconsin" progresista potenciou tamén o desenvolvemento da Universidade de Wisconsin.

Tras a IIGM, Wisconsin atopábase dividido en temas como a creación da ONU, ou o auxe da URSS, movéndose a opinión xeral a favor do capitalismo nos anos seguintes. Ao longo da segunda metade do século XX, Wisconsin viu diversos extremos políticos. Desde as cruzadas anticomunistas do senador McCarthy nos anos 50 ata as protestas radicais contra a guerra do Vietnam na UW-Madison (que remataron co atentado do Sterling Hall de 1970). Wisconsin converteuse no líder da reforma das prestacións sociais co gobernador Thompson nos anos 90. A economía tamén cambiou, co descenso da industria en favor da economía de servizos (sanidade, educación, turismo etc.)

Límites[editar | editar a fonte]

Wisconsin ten límites cos estados de Iowa, Minnesota, Míchigan e Illinois, así como os Grandes Lagos Michigan e Superior. Fai parte do territorio dos Estados Unidos dende a Guerra Revolucionária Americana. O Territorio do Wisconsin foi formado o 3 de xullo de 1836. Wisconsin ratificou a súa constitución o 13 de marzo de 1848, e tornouse o 30º estado dos Estados Unidos o 29 de maio de 1848.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do Wisconsin baseábase orixinalmente na produción das facendas (especialmente produtos de granxa), na minería e na extracción de madeira. No século XX o turismo tornouse importante, e moitas persoas que vivían nas facendas mudaron de emprego e foron traballar noutras rexións. A industrialización en larga escala iniciouse no final do século XIX no suroeste do estado, coa cidade de Milwaukee como centro principal. En décadas recentes, os servizos, especialmente medicina e educación, tornáronse dominantes. A paisaxe do estado, bastante modificada pola glaciación da última Idade do Xeo, torna o estado popular para o turismo e para outras formas de recreación.

Cidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]